DOROTHÉ NA VILA - CRTVG
DOROTHÉ NA VILA
A musicóloga suiza Dorothé Schubarth chegou a Galicia a finais dos 70 na procura de cancións tradicionais que desapareceran no centro de Europa. Desta busca saíron as 300 horas de grabacións que forman o 'Cancioneiro Popular Galego', a maior compilación de músicas tradicionais do noso país na actualidade depositadas no APOI – Museo do Pobo Galego. Corenta anos despois, dúas mozas inician unha viaxe tras os pasos de Schubarth para atopar as voces que ela recolleu e descubrir as súas historias de vida.