CRÓNICAS DA TRANSICIÓN - CRTVG
CRÓNICAS DA TRANSICIÓN: CRONICAS DA TRANSICIÓN 3 - NAS VÉSPERAS DUNHA DEMOCRACIA PELEXADA
Na última etapa da ditadura agroma o sindicalismo labrego e obreiro como resistencia ás políticas opresivas. En 1968 Santiago de Compostela súmase á mobilización estudantil e nos anos setenta prodúcense importantes folgas en Vigo e Ferrol. A sociedade empeza a tomar conciencia do impacto que tivo o franquismo sobre a cultura galega, a represión lingüística e o papel da muller.