A GRANDE EPOPEA DE GALICIA - CRTVG
A GRANDE EPOPEA DE GALICIA: BRASIL: GALEGOS NO RÍO E BAÍA
Centos de milleiros de galegos protagonizaron, ao longo dun século, un éxodo colectivo de proporcións colosais. Embarcaron cara a América coa maleta baleira, o corazón encollido e a cabeza inflamada de ilusións na procura dun futuro mellor. Non todos o lograron, mais todos contribuíron a forxar unha gran xesta que cambiou o curso da nosa historia. A TVG busca hoxe as pegadas de ‘A grande epopea de Galicia’ no Río de Xaneiro e en Salvador de Baía.