Empresa e Laboral
Desconvocada a folga de transportes do 22 de xuño tras o acordo sobre xubilación anticipada
08/06/2026 16:32
UXT obtivo "un compromiso por escrito do Ministerio de Seguridade Social sobre a tramitación dos expedientes para o recoñecemento de coeficientes redutores" que permitirán a xubilación anticipada dos condutores profesionais
O sindicato di que foi a presión dunha convocatoria de folga "o que permitiu desbloquear unha situación que permanecía paralizada desde hai meses"
Tres dos catro acusados dun accidente mortal nunha empresa de Lugo aceptan dous anos de prisión
08/06/2026 12:00
O sinistro produciuse en 2019 pola explosión dun silo que os bombeiros ordenaran non manipular e agardar a que arrefriase, logo sufocar un incendio anterior na factoría
Patricia Moreira, CEAGA : "Galicia será con SAIC un referente da mobilidade eléctrica"
07/06/2026 09:25
O Clúster da Automoción e da Mobilidade de Galicia atribúe a implantación da factoría chinesa ás fortalezas empresariais e xeográficas e á implicación da Xunta
CEAGA aposta por implementar incentivos para que todo o proceso de produción se realice en Galicia
Flores de Galicia e plantas ornamentais cultivadas chegan a novos mercados internacionais
07/06/2026 14:40
Da terra fértil do Baixo Miño sae parte da produción da empresa Velareza
O grupo cultiva flor cortada e planta ornamental en Galicia, tamén xestiona a rede loxística e a expansión internacional, que marcan o seu modelo de negocio
Impulsada pola expansión e o crecemento da produción propia, a compañía galega marca como obxectivo acadar os 100 millóns de euros de facturación no ano 2029
Lorenzana salienta o compromiso de SAIC de fabricar en Galicia a metade dos compoñentes
08/06/2026 10:09
Segundo a conselleira de Economía, o proxecto fará da nosa comunidade "unha das rexións máis potentes no sector da automoción"
A titular de Industria confía en que permita atraer novos investimentos e colocarnos "noutra liga industrial" a nivel internacional
A Asociación ATAVE de Ourense imparte cursos de formación para os futuros mecánicos
05/06/2026 14:05
Entre os futuros mecánicos hainos dende os máis vocacionais ou os que xa traballan e buscan titularse ata os que chegan aquí dende outros sectores
Stellantis busca a 300 operarios para a súa fábrica de Vigo
05/06/2026 11:01
As persoas seleccionadas incorporaranse a distintos postos dentro das liñas de produción para participar na montaxe de vehículos
Será indispensable ter dispoñibilidade para unha formación previa de 18 días laborables mediante un programa formativo en colaboración coa Xunta e aceptar traballar a quendas, principalmente noites ou fins de semana
O preacordo do ERE en Nestlé reduce a 17 os despedimentos na planta de Pontecesures
04/06/2026 13:34
Na fábrica galega, tras o preacordo, pásase dos 27 empregos afectados inicialmente a 17
O acordo inclúe recolocacións voluntarias e melloras nas indemnizacións
O texto, pactado entre a empresa e os sindicatos, terá que ser ratificado polo persoal
Hijos de Rivera pechou 2025 con 110 millóns de euros de beneficio, un 15,8 % máis
04/06/2026 12:29
A compañía salienta unha "tendencia clarísima" de cambio de hábitos de consumo cara aos supermercados, onde as vendas aumentaron un 4,4 %, cunha baixada na hostalería
A Audiencia Nacional estima os recursos de Eto'o contra Facenda
04/06/2026 12:36
A resolución anula dúas anteriores que o obrigaban a pagar preto de 900.000 euros que lle reclamaba a Axencia Tributaria