Artes plásticas

Fotos que transforman unha dor inmensa nun canto ao amor

13/12/2025 11:30

Transformar unha dor inmensa nun canto ao amor. Así define Adrián Pita o proceso que o levou a fotografar a súa nai enferma de cancro 

Milleiros de retratos que fixo hai dez anos pero que agora foi capaz de sacar á luz para construír unha exposición profundamente humana 
 


Abrazamos a natureza coa exposición de Noa Persán

12/12/2025 21:30

Máis de 70 obras que repasan os seus 25 anos de traxectoria e que podemos visitar no Museo Interactivo da Historia de Lugo ata este luns

Toda unha explosión de cores cheas de surrealismo onírico dende a perspectiva de personaxes reais e imaxinarios

Categorías:  Artes plásticas

Siyi e Sixing, arte e natureza en moda sostible

12/12/2025 08:34

As xemelgas chinesas Siyi e Sixing estudaron na Escola Mestre Mateo e están integradas en Artesanía de Galicia

Deseñan, cosen, bordan, pintan e inspíranse na historia da arte e na natureza para crear coleccións únicas

Dende o seu taller do Milladoiro, desmárcanse de tópicos e  crean prendas que mesturan a cultura oriental e a occidental

Achegan a Artesanía de Galicia moda sostible artesanal

Etiquetas:  ARTESANÍA

40 anos de produción artística coa exposición 'Moldes dende a figura'

11/12/2025 20:30

A Fundación Manuel Moldes analiza a obra figurativa do pintor pontevedrés

É unha das obras máis destacadas da mostra Moldes dende a figura, que abrangue corenta anos de produción artística buscando analizar a evolución na representación do ser humano en toda a traxectoria do pintor pontevedrés

Un Xesús crucificado espido e boca abaixo, unha obra de gran formato á que acompañou a polémica volve expoñerse na fundación Manuel Moldes

 

Categorías:  Artes plásticas

Ángeles Tilve: "O reto é grande e coñecido por min. É un museo complexo, pero, por sorte, temos unhas coleccións amplísimas"

06/12/2025 12:00

Ángeles Tilve chega á dirección do Museo de Pontevedra tras un concurso público e dous anos de dirección provisional

A próxima primavera, o museo recibirá 'A derradeira lección do mestre', de Castelao

O Museo de Pontevedra tamén exporá os profetas recuperados do Pórtico da Gloria


'A Barca de Caronte', a travesía vital de Isaac Díaz Pardo, no Museo de Belas Artes da Coruña

04/12/2025 21:00

A mostra dá a coñecer a traxectoria de Díaz Pardo dende as artes plásticas ao deseño industrial

'A Barca de Caronte'. A travesía vital de Isaac Díaz Pardo, ata o 14 decembro no Museo de Belas Artes da Coruña.

Reflicte a traxectoria do autor, dende a súa primeira etapa pictórica, ata a derradeira, deseñística e industrial 

Categorías:  Artes plásticas

Corozas que desfilan en Nova York, Shanghai, Milán..., e canastros que se converten en bolsos de vangarda

02/12/2025 21:30

Visitamos a obra de Álvaro M. Leiro e recíbenos no seu taller, na Fraga do Rei

E alí atopamos corozas que desfilan en pasarelas de Nova York, Shanghai, Milán

Canastros que se converten en bolsos de vangarda ou a escenografía de Maruja Mallo, que recreou na exposición do Reina Sofía 

 


A cara máis íntima de Leopoldo Nóvoa, revelada nunha exposición na Coruña

01/12/2025 21:01

A mostra, 'Añoranza del absoluto', pódese visitar na galería Moret Art ata o 16 de xaneiro


Coñecemos o selo Analogik Dreams, soños analóxicos, que está a facer discos de cerámica

01/12/2025 21:00

Algunha vez imaxinastes como serían os discos dos antigos romanos, se os romanos fixesen discos?

Pois hai quen se fixo esta pregunta, e anda á procura de resposta. Coñecemos o selo Analogik Dreams, soños analóxicos, que está a facer discos de cerámica. Como o oídes?


Galería Trinta, 40 anos de actividade ininterrompida

01/12/2025 21:00

Galería Trinta está de parabéns e faino sen arrepentimento, pero con certa nostalxia, mirando cara a atrás para reunir obras que un día pasaron polo este espazo e que foron vendidas a coleccionistas privados 

Agar Ledo explícanos moito mellor que son estas 'Pezas que nunca debera vender' 

Categorías:  Artes plásticas
Publicidade
Publicidade