Artes escénicas

Falece Hector Alterio aos 96 anos, un actor imprescindible da escena arxentina e española

13/12/2025 16:46

Deixa no recordo a súa interpretación en El hijo de la novia, La historia oficial ou La Patagonia rebelde

Con máis de 90 anos aínda nos contou Una pequeña historia enriba das táboas


Un berro polas belas artes na Fundación Laxeiro

27/11/2025 21:00

Un ciclo de exposicións mostra en Vigo os traballos de exalumnos da Facultade de Belas Artes para lembrar o apoio que o pintor Laxeiro brindou ás súas reivindicacións nos anos 90

Esta vez cinco proxectos de creadores de distintas xeracións ocupan un espazo para reflexionar sobre o espazo, o corpo e o obxecto 
 


'Sagrado Corazón': unha investigación escénica da artista Isolda Comesaña

25/11/2025 21:00

O desexo, a divindade, o privilexio e a vinganza, sobre todo iso vai 'Sagrado Corazón' unha investigación escénica da artista Isolda Comesaña

Inspirándose nunha estética que remite á Idade Media, Isolda combina poesía, danza e videoproxección para trazar unha cartografía do corazón

O seu proxecto enmárcase dentro das Residencias Paraíso e presentouno na capela do Pilar, en Corcubión  

Categorías:  Artes escénicas

A compañía teatral A Panadaría pechou as súas portas

24/11/2025 21:00

A Panadaría, unha das compañías máis irreverentes, divertidas e queridas do teatro galego dos últimos anos, despediuse este sábado en Tui coa última función de 'As que limpan'

Repasamos a súa traxectoria coa nosa colaboradora de escénicas, Iria Sobrado

Categorías:  Artes escénicas

Félix Fernández: "Foi moi especial montar esta coreografía, xa que era como estar outra vez co meu irmán"

21/11/2025 21:00

'Xavier a través de min' é un proxecto de corte autobiográfico no que o artista trata de traer ao presente o legado do seu irmán falecido

O artista emprega a danza, o espazo sonoro, a voz, o texto e a instalación para compoñer unha peza vivencial e íntima

'Xavier a través de min', 5 de decembro no Teatro Rosalía, A Coruña 
 

 

 

 

Categorías:  Artes escénicas

Celebramos o centenario do dramaturgo galego José Ruibal

16/11/2025 12:00

Unha exposición no Museo de Pontevedra e un libro da Editorial Galaxia lembran e difunden o seu singular legado    
 


'Nas nubes' é o título da comedia distópica de Redrum Teatro

13/11/2025 21:00

'Nas nubes' aborda con humor cuestións como impacto da tecnoloxía na vida humana, a identidade e a memoria colectiva

A peza é unha comedia distópica, absurda e filosófica con texto de José Luis Baños de Cos, gañador do XV Premio Barriga Verde

 


Mofa y Befa: "Somos como Pedriño e Rañolas, complementarios"

29/10/2025 15:01

Escrita por Quico Cadaval e Carme Varela é unha versión libre de 'Os dous de sempre' de Castelao e da súa produción de humor gráfico 

Nesta nova versión das aventuras dos inseparables Pedriño e Rañolas, completa o elenco actor Josito Porto 

Próximas funcións: 31 de outubro, Bertamiráns; 1 e 2 de novembro, Sala Ártika, Vigo; 29 de novembro, Narón 

Etiquetas:  ZIGZAG

Óscar Cobos: "Hai moitos soños neste 'Nove espellos'. É un espectáculo onde todo pode ser"

29/10/2025 14:55

Óscar Cobos fusiona diversos xéneros musicais e estilos de danza en 'Nove espellos'

En escena, as bailarinas Esquío Carral e Ari Vázquez xunto ao coreógrafo Óscar Cobos

'Nove espellos', este venres na Casa da Cultura de Negreira 

Etiquetas:  ZIGZAG

Iria Sobrado: "Marta Carrillo fainos reflexionar sobre canto hai de conciencia colectiva na lactación"

27/10/2025 14:34

'A peito descuberto' é un espectáculo íntimo de pequeno formato que nace de situacións persoais desesperadas plasmadas na aplicación de notas do seu teléfono móbil

Carrillo quería trasladar ao contexto teatral a esencia dos grupos de apoio á lactancia e á crianza e crear espazos onde poder desafogar sen sentírense xulgadas

Puido verse estes meses en Unitaria, en Santiago, e no festival VigoFem

Etiquetas:  ZIGZAG
Publicidade
Publicidade