Audiovisual

EuropaPress (Arquivo)

Comeza a Festa do Cine, con entradas a 3,50 euros ata o xoves

08/06/2026 11:48

A iniciativa celebra a súa 26ª edición e contará coa participación de 336 salas de toda España 

Etiquetas:  CINE   ENTRADAS

Asistimos a rodaxe da nova serie da TVG 'O asasino do pelo roxo'

05/06/2026 12:21

Un 'true crime' que recrea o caso de Elisa Abruñedo, asasinada no ano 2013 cando saía a camiñar preto da súa casa

A serie, de 6 episodios e gravada integramente en galego, conta todos os pormenores da investigación e indaga no drama humano que supuxo este crime para a familia da vítima e a comunidade

 

Categorías:  Cultura   Audiovisual

A TVG e o Clúster do Audiovisual traen o Celtic Media Festival 2027 a Galicia

05/06/2026 11:24

O festival, unha plataforma estratéxica para impulsar a proxección exterior do audiovisual galego e novas colaboracións no ámbito europeo, celebrarase na Coruña 

Rematou en Belfast a edición de 2026, no que a película da TVG ‘+ Cuñados’ obtivo o premio á mellor comedia


Formas experimentais de Bruno Varela que se exhiben na Mostra de Cine Periférico, S8

05/06/2026 09:31

A instalación de Bruno Varela na Luís Seoane amosa 40 pezas en bucle

Cinema Periférico, nesta edición de 2026, alíase coa eclipse

 

Categorías:  Cultura   Audiovisual

Alfonso López, produtor de Portocabo, e Gloría García Vivero, coordinadora de contidos da produtora, coa xefa de Contidos da TVG, Montse Besada, e a xefa de Programas da Radio Galega, Natalia Penas

‘+ Cuñados’, da TVG, gaña en Belfast o premio Celtic Media á mellor comedia

04/06/2026 09:35

A película foi distinguida na 47ª edición do certame internacional en que compiten os mellores traballos de tv, radio e novos medios dos territorios de tradición celta

A película está producida por Portocabo e dirixida por Luis Avilés

Etiquetas:  CSAG   PREMIOS

Afondamos na Mostra de Cinema Periférico da man dos seus directores

01/06/2026 20:00

A décimo sétima edición comeza este martes na Coruña 

A Mostra de Cinema Periférico inclúe 161 películas e recibirá a preto de 80 artistas, profesionais e estudantes de todo o mundo

 

Categorías:  Cultura   Audiovisual

Nos cines, 'La Silla', a última película do director e guionista coruñés Ángel de la Cruz

01/06/2026 10:41

Un thriller psicolóxico que atrapa o espectador nunha tensa espiral de illamento, supervivencia e desesperación mental

Ángel de la Cruz, posuídor de catro goyas, asina con este filme a súa quinta longametraxe como director

 

Categorías:  Cultura   Audiovisual

As recomendacións da carteleira da man de Jesús Silva

29/05/2026 10:08

Tres recomendacións, 'Paraísos galegas', 'Sinais galegos' e 'Corredora'

Adianto do que vai acontecer no Festival de Cinema Periférico que comeza o martes na Coruña

 

Categorías:  Cultura   Audiovisual

Falamos co director de 'María Rita', Premio á Mellor Curta de Ficción en Cans

28/05/2026 20:00

Juan Barbazán, director do filme, achéganos o drama dun bebé criado nunha familia de toxicómanos

'María Rita' gañou tamén o premio a Mellor Curtametraxe Nacional no XXVI Festival de Cine Internacional de Lanzarote

 

Categorías:  Cultura   Audiovisual

Asistimos á rodaxe en Santiago de 'Outono', longametraxe de Giselle LLanio

27/05/2026 20:00

Trátase dunha historia de transformación persoal grazas ao vínculo cun can moi especial

Protagoniza a película Carmen Méndez e desenvólvese principalmente na zona vella de Santiago

Categorías:  Cultura   Audiovisual
Publicidade
Publicidade