div-crtvg-top1

Publicidade

Menú de navegación

Logo de CRTVG

Ruta de navegación

O labor dos medios rexionais públicos europeos reunidos en CIRCOM, recoñecidos no 'FesTVal' de Vitoria-Gasteiz

O director de Contidos da CRTVG e secretario xeral de CIRCOM, Fernando R. Ojea, recolleu o premio Saria no marco da XVI gala do FesTVal 

A CRTVG forma parte da entidade CIRCOM-Regional, que reúne 250 televisións e centros de produción que emiten información e entretemento nun centenar de linguas territoriais, cooficiais e minoritarias
 

crtvg.gal 10/09/2024 12:52

Santiago, 10.09.2024.-  A canle de televisión vasca EITB outorgou un dos premios Saria da XVIª edición do FesTVal de Vitoria-Gasteiz á rede de canles europeas de televisión CIRCOM en recoñecemento da solvencia desta asociación “que traballa no eido dos medios audiovisais públicos rexionais promovendo a colaboración das canles a través de toda Europa”. O galardón foi recollido por Fernando R. Ojea, director de Contidos da CRTVG e secretario xeral de CIRCOM, quen salientou a extensa rede de traballo que supón CIRCOM-Regional e a recente incorporación á asociación do sistema público regional de Ucrania.

Ojea agradeceu o galardón e explicou na súa intervención que a entidade reúne “250 televisións e centros de produción que agrupan arredor de 12.000 xornalistas e que cada semana producen 2.000 horas de informativos”. Tamén, que “o traballo das canles de CIRCOM-Regional supón un centenar de emisións en linguas territoriais, cooficiais ou minoritarias”.

Na mesma gala recoñeceuse tamén o labor de FORTA, Federación de Organismos ou Entidades de Radio e Televisión Autonómicos, polos seus 35 anos coordinando ás entidades asociadas “no intercambio de contidos e polo seu apoio integral”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade