div-crtvg-top1

Publicidade

Menú de navegación

Logo de CRTVG

Ruta de navegación

O equipo de 'Galicia bonita' afronta hoxe a recuperación da Casa de acollida de nenos e nenas de Muimenta

Ademais da reforma da granxa escola de Cospeito, o programa abordará a rehabilitación dunha vivenda no Rosal  

crtvg.gal 01/10/2024 00:01

Santiago, 01.10.2024.-  ‘Galicia bonita’ (22:25 h) sae de novo este martes á procura de casas en mal estado de conservación, xa sexan vivendas inacabadas ou que precisan ser rehabilitadas, mantendo sempre un respecto pola contorna natural, empregando materiais autóctonos e recuperando elementos inspirados na arquitectura tradicional galega. A arquitecta Rosa Facal e o seu comprometido equipo afrontarán esta noite senllos retos, en Cospeito e no Rosal.

A primeira parada de ‘Galicia bonita’ levará esta cuadrilla de profesionais das rehabilitacións ata Cospeito para afrontar unha reforma moi especial e, coma sempre, nun prazo de cinco días. Na casa de acollida de Muimenta, o equipo de ‘Galicia bonita’ ocúpase da recuperación dunha granxa escola que quedou sen rematar. As continuas xuntanzas e asembleas para a toma de decisión dos traballadores que xestionan a casa, comprometerán o resultado da obra.

Para o segundo desafío da noite, ‘Galicia bonita’ desprazarase ata O Rosal, onde fará fronte a un vello retrete sen uso desde hai máis de corenta anos. A conformidade e hospitalidade de Doralia, a propietaria da vivenda, provocará unha relaxación extra nos operarios, que se verá reflectida no seu rendemento. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade