div-crtvg-top1

Publicidade

Menú de navegación

Logo de CRTVG

Ruta de navegación

Bases do concurso Pregunta-Luar

Admin Admin 13/07/2023 10:10

O programa “Luar” da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A., domiciliada en San Marcos s/n e con CIF A-15073349, emitido nas cadeas de televisión TELEVISION DE GALICIA,S.A. e polas distintas canles de Internet, co desexo de premiar a fidelidade da súa audiencia, convoca unha nova edición do concurso “PREGUNTA-LUAR”. Así durante o transcurso do programa realizarase unha chamada a un número de teléfono previamente elixido e a persoa que responda a mesma formularáselle unha pregunta sobre o contido do programa. Se a responde correctamente esta persoa gañara o premio que se indica a continuación.

Mecánica do concurso

  1. A Dirección do programa “LUAR” de xeito aleatorio por medio dunha aplicación informática web seleccionará números de teléfono de abonados da comunidade autónoma de Galicia.

  2. A selección dos referidos números telefónicos, farase co criterio de reparto igualitario entre as catro provincias galegas.

  3. A dirección do programa seleccionará de forma aleatoria en cada programa 20 números telefónicos xerados pola aplicación informática en base ó seguinte criterio de reparto: 5 números da Coruña, 5 números de Lugo, 5 números de Pontevedra e 5 números de Ourense. Os números seleccionados só serán empregados para unha chamada.

  4. As chamadas telefónicas que se realicen seguirán unha orde alfabética, provincial e rotatoria entre as catro provincias galegas: primeiro A Coruña, segundo Lugo, terceiro Ourense e cuarto Pontevedra. Se o primeiro teléfono seleccionado non contesta ou non acerta a resposta pasarase ao seguinte da lista ata que alguén acerte ou remate o tempo estimado para o concurso.
    O tope de tons de chamada será de 7. O número de chamadas en cada programa será decidido pola Dirección de LUAR, atendendo ás necesidades do programa en directo.
    Se nun programa non existe ningún premiado o importe do premio acumularase ao da seguinte semana e así sucesivamente ata o remate da temporada.
    Só poderá haber un premiado por programa, sen prexuízo de establecido sobre o premio de consolación.
     

Duración do concurso

Desde o programa "Luar" do día 10 de Setembro de 2021 ata o 31 de Decembro de 2021. 
As bases estarán publicadas durante a duración do concurso na paxina web da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.

Premio

A persoa que responda a chamada e conteste correctamente a pregunta recibirá un premio de 500 euros ou o bote acumulado no caso de quedar deserto con anterioridade.
Para a acreditación da identidade do gañador, este deberá achegar o seu DNI/ NIE, teléfono de contacto e número de conta bancaria con código IBAN da que sexa titular onde desexe recibir o importe do premio.
Esta cantidade será ingresada nun prazo de sesenta días despois de ser facilitada a documentación a que se refire este apartado.
Os premios caducarán cando transcorridos sesenta días contados a partir do día seguinte á data do “Concurso” no que se produciu a participación premiada, se o gañador non enviase a documentación dentro deste prazo. Os premios abonaranse por calquera dos sistemas de pago admitidos en España, a completa discreción da “CRTVG”.
Conforme á normativa fiscal vixente, todos os premios están suxeitos a retención e ingreso a conta polo IRPF. Ditas retencións serán deducidas dos premios obtidos en metálico. Anualmente remitirase ao gañador un certificado de retencións e ingresos a conta cos datos do premio e da retención aplicada para que este poida incluílo na súa declaración anual de IRPF.

Premio de consolación

Seguindo a mecánica do xogo exposta anteriormente e no caso de que o telespectador, logo de dialogar co presentador e este lle formule a pregunta, e non saiba ou non conteste correctamente, será obsequiado cun xamón como agradecemento pola súa colaboración no programa.
O número máximo de xamóns por programa será de dous.
A persoa que resulte gañadora do xamón deberá facilitar deberá facilitar o seu DNI/ NIE, número de teléfono de contacto e os datos necesarios para o envío do referido obsequio cun enderezo de entrega da comunidade autónoma de Galicia.
Os premios caducarán cando, transcorridos sesenta días contados a partir do día no que se produciu a participación, o gañador non enviase a documentación dentro deste prazo.

Protección de datos

A Corporación RTVG informa que, con base no Regulamento UE 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello de 27 de abril de 2016, relativo a protección de persoas físicas respecto ao tratamento de datos de carácter persoal e a libre circulación deses datos (RGPD), a finalidade da recollida e tratamento dos datos de carácter persoal que o PARTICIPANTE nos facilita durante a súa participación no concurso, e que fai referencia a datos de carácter persoal, resulta necesario para o desenvolvemento e cumprimento do concurso.
Informámoslle que ditos datos non serán cedidos a terceiros sen o seu expreso consentimento salvo obriga legal ou base xurídica que o lexitime e serán conservados unicamente polo tempo que legalmente corresponda. Non obstante, estes datos serán cedidos aos terceiros aos que a Corporación RTVG lle encargue a distribución do premio de consolación.
Poderá exercitar os seus dereitos de Acceso, Rectificación, Supresión, Oposición, Limitación e Portabilidade para correo postal a dirección propia da Corporación RTVG (Bando -San Marcos, s/n. 15820. Santiago de Compostela), ou mediante correo electrónico na dirección lopd@crtvg.es, en ambos casos xuntando copia do DNI. Tamén poderá presentar unha reclamación ante unha autoridade de control. 

Disposicións Xerais

  1. A Dirección do Programa reservase o dereito de modificar ou suspender o concurso temporal ou definitivamente cando as necesidades de programaci6n e audiencia así o aconsellen.
  2. A Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. queda exonerada de toda responsabilidade en caso do mal funcionamento das redes de comunicación que impidan o normal desenvolvemento desta iniciativa por causas alleas a ela e especialmente par actos externos de mala fe.
  3. En caso de dubida na interpretación do resultado do concurso, recorrerase ao exame exhaustivo das imaxes gravadas e, no seu caso, ao ditame da Dirección do Programa, que será vinculante para os participantes.
  4. En caso de controversia ou discrepancia derivada da interpretación destas bases prevalecera o criterio da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.
     

En Santiago de Compostela, a 10 de Setembro de 2021

Publicidade
Publicidade
Publicidade

div-crtvg-top2

Publicidade