div-crtvg-top1

Publicidade

Menú de navegación

Logo de CRTVG

Ruta de navegación

A CRTVG, presente en Culturgal cun programa en directo e un estudio virtual do 'Telexornal'

O venres, o ‘Diario Cultural’ da Radio Galega ofrecerase desde a feira e, o sábado, o ‘Zigzag’ da TVG contará coa presenza do director do certame, Camilo Franco

Os visitantes do stand da Corporación no Pazo da Cultura de Pontevedra terán a oportunidade de practicar como presentadores das noticias  

crtvg.gal 30/11/2023 15:59

Santiago, 30.11.2023.-    A CRTVG regresa esta fin de semana a Culturgal, a Feira das Culturas Galegas, que se celebra no Pazo da Cultura de Pontevedra do 1 ao 3 de decembro e que contará cunha ampla cobertura dos medios públicos galegos.

A Corporación instalará no recinto un estudio virtual dos servizos informativos, cun fondo chroma que lles permitirá aos visitantes converterse por uns minutos en presentadores dun ‘Telexornal’, lendo a cámara noticias reais dun informativo da TVG. Ademais, na xornada inaugural do venres, o público poderá asistir á emisión en directo do ‘Diario Cultural’ da Radio Galega que amplía a súa duración de 17:00 a 18:00 h.

Presentado por Ánxela Diéguez e Belén Regueira, o espazo entrevistará o director de Culturgal, Camilo Franco, e a May Díaz, presidenta da Fundación Moldes, que se presenta na feira. A edición especial do programa pulsará o ambiente do encontro: entrevistará a Luz Castro, comisaria da exposición de videoxogos galegos que se mostra no recinto, e falará coa poeta Dores Tembrás sobre o seu novo poemario, mentres que a colaboradora Eva Mejuto levará os oíntes polo mundo dos libros infantís. E o sábado, a edición de fin de semana do ‘Zigzag’ recibirá tamén a visita do director de Culturgal, Camilo Franco.

Culturgal conta este ano cunha programación que reunirá máis dun cento de actividades onde o público poderá coñecer as novidades editoriais e audiovisuais, novas propostas de artes escénicas, espectáculos de música ao vivo, servizos profesionais e outras iniciativas vinculadas ao mundo da arte. Unha das novidades deste 2023 é que contará con cinco escenarios (literatura, música, escénicas, infantil e arte), polos que desfilarán propostas como recitais, proxeccións, presentacións, obradoiros e concertos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
NOTICIAS CORPORATIVAS

div-crtvg-top2

Publicidade