div-crtvg-top1

Publicidade

Menú de navegación

Logo de CRTVG

Ruta de navegación

‘Vaia Troula Alfombra G’ desde as festas de Santo Antón e 'AGalegaFest' co pop-rock galego, este mércores no prime time

‘VAIA TROULA’ propón esta noite unha divertida sesión de photocall e alfombra vermella nas festas de Santo Antón de Rodeiro
Deseguido chega o terceiro evento musical ‘AGALEGA FEST’, dedicado á música pop-rock coas actuacións de The Rapants e Mounoulius.Dop, así como dos grupos emerxentes Futuro Alcalde e o grupo Leria

crtvg.gal 11/06/2024 23:55

O ‘Vaia troula alfombra G’ da TVG propón este mércores pola noite unha divertida sesión de photocall e alfombra vermella na festa de Santo Antón de Rodeiro así que o amor nas verbenas van  ser as grandes protagonistas do programa. E despois deste programa, unha nova entrega de ‘AGalegaFest’ coa música pop e rock galega actual, desde a sala Hermo de Muimenta, en Lugo.

 ‘Vaia troula alfombra G’ e desde Rodeiro (Pontevedra) a presentadora, Noelia Rey, coñecerá as historias de amor e paixón dos veciños e veciñas desta vila pontevedresa, ao ritmo da orquestra Los Satélites. Pola súa banda as reporteiras Adela Bértolo, Alejandra Tojo, Ángela Aboy e Jose Torres visitarán unha chea de festas de Santo Antón. En Lugo irán de verbena coa Panorama, no concello do Pino bailarán coas cancións da orquestra Cinema, e tamén en Rodeiro terán á París de Noia. Ademais estarán na ruta cabalar dedicada ao Santo Antón no concello lugués de Abadín, na festa da Carballeira da Baña, na gran comida popular de Alfoz, e na tradicional romaría da Xestosa, en Muras, que homenaxea ao santo do amor. Ao final do programa haberá unha emocionante cerimonia de entrega de premios. Cales serán os trouleiros máis fogosos?  E os que máis paixón amosan pola súa orquestra favorita?

AGALEGA FEST – POP-ROCK
    Despois de ‘Vaia troula’ TVG ofrece esta noite o terceiro dos eventos musicais ‘AGalega Fest’, cos que que a canle celebra a estrea da nova plataforma dixital de contidos ‘AGalega.gal’. A edición desta noite estará dedicada á música pop-rock coas actuacións de The Rapants e Mounoulius.Dop, así como de grupos emerxentes entre os que se pode citar Futuro Alcalde e o grupo Leria.

    Presentado polo compostelán Iago Pico, produtor de Tanxugueiras, desde a Sala Hermo de Muimenta (Lugo), este ‘AGalega Fest’ conta coa colaboración co dj Manu Turnes.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
NOTICIAS CORPORATIVAS
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade