div-crtvg-top1

Publicidade

Menú de navegación

Logo de CRTVG

Ruta de navegación

'Navarra', a representante de Lugo, elixida Miss Vaca 2024 no 'Luar' da Televisión de Galicia

As catro finalistas, unha por provincia, competiron no estudio polo voto do público e a vencedora recibiu a banda que a acredita como gañadora e un premio de 3.000 euros

A gran final de Miss Vaca, un concurso que vai xa pola súa décimo sexta edición, é un dos momentos máis agardados de toda a temporada e cada ano convértese nun auténtico acontecemento

crtvg.gal 29/06/2024 13:44

Santiago, 29.06.2024.-    A gran final de Miss Vaca no programa 'Luar' da TVG deste venres á noite rematou con Navarra, de Lugo, elixida como a vaca máis fermosa de Galicia. As catro finalistas, unha por provincia, competiron no estudio polo voto do público e a vencedora recibiu a banda que a acredita como gañadora e un premio de 3.000 euros.

A gran final de Miss Vaca, o xa tradicional concurso de 'Luar' por estas datas do verán, é un dos momentos máis agardados de toda a temporada. O concurso vai xa pola súa décimo sexta edición e cada ano convértese nun auténtico acontecemento, acadando cada vez máis repercusión, sobre todo nas redes sociais e entre os máis novos, tamén fóra de Galicia.

A vaca lucense enfrontouse a Parrula, de Pontevedra; Cuca, da Coruña, e Gallarda de Ourense, as outras tres elixidas polo público nas fases anteriores do concurso para esta final. Ademais, o xurado do concurso entregou outras distincións, como Miss Lindos Ollos, Miss Poderosa, Miss Aloumiños e Miss Donaire. Historicamente, a provincia de Lugo gañou xa 12 o concurso, A Coruña fíxoo en dúas ocasións e Ourense e Pontevedra, unha vez cada unha.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
NOTICIAS CORPORATIVAS

div-crtvg-top2

Publicidade