A Televisión de Galicia será medio oficial do Atlantic Fest 2025 - CSAG
A Televisión de Galicia será medio oficial do Atlantic Fest 2025
Tres días de música en directo na praia da Concha de Vilagarcía, do 18 ao 20 de xullo, nesta 12ª edición do festival
O cartel inclúe, entre outros, a Slowdive, Lori Meyers, Xoel López, Quique González, Zahara ou Los Planetas

Santiago, 16.07.2025.- Televisión de Galicia volve ser este verán ‘medio oficial’ do Atlantic Fest, que se celebrará na praia da Concha de Vilagarcía de Arousa do 18 ao 20 de xullo. Consolidado como un dos grandes eventos musicais do verán galego, o AtlanticFest foi presentado este xoves en Vilagarcía, nun acto en que participou o director de Proxección Social da Corporación, Xaime Arias.
A 12ª edición do festival contará con artistas como Lori Meyers, Slow Dive, León Benavente, Xoel López, Quique González, Los Planetas, Zahara, Primal Scream, La Bien Querida, entre moitos outros.
Ao longo do ano, os medios públicos galegos apoian e colaboran cun amplo número de eventos culturais por toda a xeografía galega e están presentes en festivais musicais, de cinema, artes escénicas ou do eido audiovisual.