Da man de Xosé Ramón Gayoso, Luar é o único do seu xénero en todo o panorama da televisión estatal que abrangue arredor das catro horas en directo. O programa musical e de humor da TVG converteuse tamén nunha plataforma de promoción tanto do novo talento musical como do humorístico de Galicia.