div-crtvg-top1

Publicidade

Menú de navegación

Logo de CRTVG

Ruta de navegación

As Tanxugueiras visitan o 'Quen Anda Aí?' para festexar o programa 1.000

Presentado por Roberto Vilar, Juan Fuentes e Raquel Atanes, o espazo celebrarao este mércores cunha emisión especial coa actuación do trío galego e a presenza de Rayden

Nestes case cinco anos en antena, pasaron polo seu estudio máis de 5.000 convidados

crtvg.gal 04/11/2024 16:59

Santiago, 04.11.2024.-    O espazo da TVG ‘Quen Anda Aí?’ celebra este mércores 1.000 tardes acompañando os espectadores da Televisión de Galicia, con tres horas de directo diarias, de luns a venres. A participación da audiencia, os concursos, o humor e a música teñen un gran peso no magazine, que celebrará o programa nº 1.000 coa actuación especial de Tanxugueiras e coa presenza do cantante Rayden.

O programa está presentado por Roberto Vilar, Juan Fuentes e Raquel Atanes, e conta coa colaboración doutras caras coñecidas para os espectadores como Marcial Mouzo e Eva Iglesias. Durante os case cinco anos que leva en antena -desde xaneiro de 2020- polo seu estudio pasaron multitude de colaboradores e máis de 5.000 convidados. Realizáronse neste tempo máis de 2.000 conexións en directo con reporteiros que percorren a xeografía galega para achegarlle ao público todo que suceda.  

20.000 minutos cociñando en directo

A súa popular sección ‘A voltas co prato’, presentada por Fran Cañotas,  acumula 20.000 minutos de cociña en directo. Este particular duelo entre dous cociñeiros que traballan contra o reloxo para preparar unha receita que conquiste o padal do convidado da xornada é tamén un dos grandes éxitos destes 1.000 programas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade