div-crtvg-top1

Publicidade

Menú de navegación

Logo de CRTVG

Ruta de navegación

A CRTVG obtén, por sexto ano consecutivo, o indicador ARDÁN de Empresa Igual en Xénero

A Corporación recibiu tamén, por vez primeira, o indicador como Empresa Circular

A Zona Franca de Vigo comunicou que a Corporación está entre o “selecto 4 % de empresas galegas que obtiveron algún indicador ARDÁN nesta edición”

crtvg.gal 31/10/2024 14:27

Santiago, 31.10.2024.-    A CRTVG recibiu a acreditación que a recoñece por sexto ano consecutivo como Empresa Igual en Xénero, e suma tamén un novo indicador, o primeiro, como Empresa Circular. Estes Indicadores ARDÁN son outorgados polo servizo de información empresarial desenvolvido polo Consorcio da Zona Franca de Vigo, que se publica anualmente.

O indicador de Empresa Igual en Xénero é outorgado ás empresas que “presentan altos valores en igualdade desde unha perspectiva de xénero no ámbito laboral, medida en tres dimensións: igualdade de funcións, igualdade de retribucións e igualdade por actuacións”, e a entidade emisora salienta que a CRTVG se atopa entre o selecto 4 % das compañías analizadas en Galicia que alcanza os exixentes criterios para obter estes indicadores.

“A consecución destes resultados revela a eficiencia nas estratexias implementadas polas compañías para adaptarse a un contorno altamente competitivo, combinando a visión empresarial dos seus líderes coa destreza, esforzo e compromiso dos seus equipos. Nun contexto económico como o actual, no que a xestión empresarial é cada día máis complexa e desafiante, parécenos fundamental visibilizar o labor de empresas como a túa, non só pola súa contribución á riqueza e emprego no entorno, senón tamén polo seu valor como fonte de inspiración para outras organizacións”, salienta o comunicado do recoñecemento.

Primeiro Indicador como Empresa Circular

Nesta edición, a Corporación acada tamén o seu primeiro indicador como Empresa Circular, dado que a CRTVG é unha das empresas que “implementan unha estratexia de economía circular, para o cal establecen colaboracións con grupos de interese e incorporan criterios circulares no consumo de recursos, no deseño e produción dos seus produtos e, en xeral, no conxunto dos seus procesos produtivos”, segundo comunica a distinción do Informe ARDÁN.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
NOTICIAS CORPORATIVAS

div-crtvg-top2

Publicidade